dwww Home | Show directory contents | Find package

Dicionário galego (normativa de mínimos) para o ispell
------------------------------------------------------

Este é un dicionário de galego, usando a normativa de mínimos, para o
corrector ortográfico ispell. Pode usa-lo, redistribui-lo ou modifica-lo
sob os termos da Licenza Pública Xeral da GNU (vexa o ficheiro
LICENZA.txt).

Mais información sobre o corrector ortográfico ispell na páxina:
        http://fmg-www.cs.ucla.edu/ficus-members/geoff/ispell.html. 

Máis información sobre este dicionário en:
        http://ispell-gl.sourceforge.net/ispell-gl.html
        

Este dicionário usa etiquetas maiúsculas e minúsculas no ficheiro de afixos
(galician.aff), e 8 bits (latin1). A hora de compilar o ispell isto debe
ter-se en conta, asi no ficheiro local.h debe:
     incluir:  #define MASKBITS 64
e   eliminar:  #define NO8BIT 

Hoxe en dia a maioria das versión binárias de ispell que se distribuen xa
foron compiladas asi, e portanto son compatíbeis con este dicionário.

Para saber como foi compilada a sua versión de ispell empregue o comando
file, vaia ao directório onde se achen os arquivos *.hash, usualmente
/usr/lib/ispell ou /usr/local/lib/ispell, e dixite:

file *****.hash, 

onde debe substituir os asteriscos por algun dicionário que teña no seu 
computador, por exemplo americanmed+.hash ou americanxlg.hash. O resultado 
será algo semellante ao seguinte:

        americanmed+hash: little endian ispell 3.1 hash file, 8-bit,
        capitalization, 52 flags and 128 string characters 

  Neste caso non haberia problemas, o ispell está preparado para traballar
con etiquetas maiúsculas e minúsculas, e con 8 bits.

  Se no resultado puxera: capitalization, 26 flags and 100 string
characters, o ispell só entenderá as etiquetas maiúsculas, e o dicionário
funcionará a meias, xa que non recoñecerá muitas palabras, mais funcionará.
Seria factíbel adaptar o dicionário para que funcionara deste modo .

  Se no resultado puxera, 7-bit, o ispell non entenderá as letras
acentuadas nen o ñ, e portanto recomenda-se NON empregar este dicionário
coa sua versión de ispell.


                =================
                || INSTALACIÓN ||
                =================                       

1) Compilar o ficheiro galician.hash. Para isto situe-se no directório onde
estexan os ficheiros galician.words e galician.aff, e dixite:

        buildhash galician.words galician.aff galician.hash


2) Mover o ficheiro galician.hash ao directório onde se achen os outros
arquivos *.hash, usualmente /usr/lib/ispell ou /usr/local/lib/ispell. Para
isto cumpre ter permiso de escritura no dito directório.


                        =========
                        || USO ||
                        =========

Para corrixir o ficheiro foo.txt co ispell dixite

ispell -d galician -T modo foo.txt

onde "modo" pode ser un dos catro seguintes: 

        lat      (usa a páxina de códigos latin1, i.e. á, é, ñ ...)
        tex      (para ficheiros tex, i.e. \'a, \'e, \~n ...)
        pre      (para ficheiros nroff, i.e. 'a, 'e, 'i ...)
        html  (para ficheiros html, i.e. á, é, ñ ...)
        
o modo por defeito é o primeiro, de xeito que

ispell -d galician -T lat foo.txt == ispell -d galician foo.txt

Unha vez carregado, o ispell vai mostrando unha por unha as palabras que non
recoñece como válidas. Na parte esquerda da liña superior da xanela aparece a
palabra non recoñecida, e no centro desta mesma liña o nome do ficheiro a
corrixir. En baixo aparecen unhas poucas liñas do ficheiro contextualizando a
palabra non recoñecida, que se salienta mediante a inversión do fondo. E por
baixo destas liñas aparecen unha série de suxeréncias numeradas. Se dentro das
suxeréncias mostradas está a forma correcta dixite o número correspondente e a
forma correcta subtituirá a incorrecta. Se as suxeréncias son máis de nove os
números terán duas cifras e cumpre dixitar ambas, ainda que a primeira sexa un
zero. Por último na parte inferior da xanela aparecen as seguintes opcións:

[SP]         Premer a tecla de espazo. Aceita a palabra tal como está, esta vez 
          nada máis.
<number>  Dixitar o número da suxestión axeitada.
R)epl   Premer a tecla R. Permite corrixir a palabra manualmente.
A)ccept Premer a tecla A. Aceita a palabra como está e a considera válida no
                resto da sesión.
I)insert        Premer a tecla I. Aceita a palabra, con as maiusculas que poida ter, e
          Inclui-a no dicionário persoal.
L)ookup Premer a tecla L. Procura palabras no dicionário do sistema, que é un
          dicionário diferente dos dicionários de ispell.
U)ncap  Premer a tecla U. Aceita a palabra, transformando todo a minúsculas, e
          inclui-a no dicionário persoal.      
Q)uit   Premer a tecla Q. Remata a corrección sen salvar as correccións feitas
          até o momento.
e(X)it  Premer a tecla X. Remata a correción neste ponto, salvando a
          correccións feitas até o momento.
?               Premer a tecla ?. Axuda (en inglés).
^L              Redebuxa a xanela


Ademais de como programa individual o ispell é usado como corrector ortográfico
por distintos programas, que explican o seu uso, normalmente máis cómodo que o
descrito.

Para mais información sobre o ispell dixite: man ispell.


                =================
                || LIMITACIÓNS ||
                =================

  1.  Esta é a versión 0.5 e ainda dista de ser completo, contando con 
24000 palabras raices no galician.words. Contodo como o ficheiro de afixos, 
galician.aff, é bastante completo o total de palabras xeradas, no 
galician.hash, e portanto recoñecidas é de 515.176. Asi por
exemplo da palabra raiz "amor" derivan-se 53 formas verbais distintas, e
ademais "amador, amadora, amadores, amadoras, amante, amantes, amábel e
amábeis.

  2. Os pronomes, ou contracións de pronomes, átonos enclíticos unen-se ao
verbo mediante o trazo. O ispell con este dicionário recoñece a maioria das
formas verbais con pronomes enclíticos, mais non da recoñecido como válidas
as 1ª e 2ª persoas do plural de caisquer tempos seguidos dos pronomes
átonos -lo(s) e -la(s), e tampouco as 1ª persoas do plural seguidas do
pronome -nos.
  
    Asi non recoñece: collemo-lo, collede-las, colleste-los, collíamo-la,
                      colleremo-nos ...
         si recoñece: collé-lo, collin-na, colleche-mo, collerán-cho, 
                         collemos-lle, collestes-nos, coller-se, collias-lles,
                                  colleran-vos, colleres-lle-la ...

Da como válidas falsamente as formas collé, andá ... que son necesárias
para dar por válidas (correctamente): collé-lo, andá-los, etc. Consideramos
que as formas collé, andá, etc dificilmente poden ser escritas por erro.

  3. Esta é a versión 0.1, sendo portanto de esperar que ademais de ser cativa 
teña máis erros do que seria desexábel nun dicionário. Contamos coa 
colaboración d@s usuári@s para detectar e corrixir tais erros.
        


                        ===============
                        || CONSELLOS || 
                        ===============  

O ispell non sempre apresenta as suxeréncias máis acaídas, asi se unha palabra
non é recoñecida como correcta é conveniente facer o seguinte:

        1) Se hai unha "b" troca-la por unha "v"
        2) Se hai unha "v" troca-la por unha "b"
        3) Caso de ter escrito unha forma rematada en "-ción" ou "-sión" troca-la 
           pola rematada en "-zón" ou "-són"
        4) Caso de ter escrito unha forma rematada en "-zón" ou "-són" troca-la
           pola rematada en "-ción" ou "-sión"
           
                                  

                ================================
                || AMPLIACIÓNS E MODIFICACIÓN ||
                ================================

O ispell está preparado para ir engadindo novas palabras ao dicionário privado,
un dicionário que cria o propio ispell para cada usuári@, que en unix vai-se
chamar ".ispell_galician" (para o galego, para outras línguas terá un nome
similar) e en DOS(Windows) chamará-se "_galician". Como se veu ao descreber o 
uso este dicionário privado vai-se formar coas palabras que non estando no
dicionário principal @ usuári@ considera correctas. O dicionário privado é un
ficheiro de texto que portanto pode se editado con calquer editor de texto,
ainda que loxicamente cumpre ter CAUTELA.

Ademais é posíbel modificar o diconário principal, para o cal a CAUTELA debe ser
ainda maior. Un dicionário ispell xera-se a partir de dous ficheiros de texto,
un con raices (neste caso galician.words) e outro con afixos (galician.aff). Por
tanto modificar o dicionário resulta moi sinxelo, face-lo ben precisa de
bastante atención, pois avonda con modificar algun dos dous ditos ficheiros e
logo compilar o ficheiro hash, tal e como se descrebeu no apartado de
instalación.

Exemplos de modificación do dicionário principal.

A) Quere-se que o dicionário considere como válidas unicamente as terminacións
   xenuínas -zón, -són, -tón e -xón. 
   
   1) Abre-se o ficheiro galician.words nun editor de texto e usando o comando
      procurar/trocar trocan-se:
                                                        ción/ --> zón/
                                                        sión/ --> són/
                                                        xión/ --> xón/
                                                        tión/ --> tón/
         tendo en conta que ocasión debe escreber-se con i. Ademais troca-se o 
         sufixo c polo sufixo o en todos os verbos que o leven.
         
   2) Abre-se o ficheiro galician.aff nun editor de texto e modifican-se
      o sufixos C, trocando "ción" por "zón" e "cións" por "zóns". Asi tera-se:

                flag *C:                  # "CAT=v,T=inf"      # zón
                T A R       > -TAR,ZÓN    # "CAT=nc,G=f,N=s"   # cantar->canción
                C I O N A R > -IONAR,ZÓN  # "CAT=nc,G=f,N=s"   # adicionar->adizón
                A I R       > -IR,CZÓN    # "CAT=nc,G=f,N=s"   # atrair->atraczón
                U I R       > -IR,ZÓN     # "CAT=nc,G=f,N=s"   # evoluir->evoluzón     
         
        T A R       > -TAR,ZÓNS   # "CAT=nc,G=f,N=p"   # cantar->cancións
                C I O N A R > -IONAR,ZÓNS # "CAT=nc,G=f,N=p"   # adicionar->adizóns
                A I R       > -IR,CZÓNS   # "CAT=nc,G=f,N=p"   # atrair->atraczóns
                U I R       > -IR,ZÓNS    # "CAT=nc,G=f,N=p"   # evoluir->evoluzóns
         
B) Quere-se que o dicionário considere válidas as 2ª persoa do plural do 
   presente de imperativo rematadas en -de, xogade, comede, dormide ...
         
         1) Abre-se o ficheiro galician.aff nun editor de texto e buscan-se as
            ditas persoas, modificando-se axeitadamente:
            
            no flag Y
            
                     AR  > -R,DE  # "P=2,N=p,T=i"   #andar->andade
      
                     ER  > -R,DE  # "P=2,N=p,T=i"   #viver->vivede
             
            engadir  IR  > -R,DE  # "P=2,N=p,T=i"   #partir->partide
            
            
            no flag K
            
            engadir G R E D I R > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #agredir->agredide
            engadir R I R       > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #rir->ride
                    D I C E R   > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #dicer->dicede
                        F A C E R   > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #facer->facede
                        P R A C E R > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #pracer->pracede
                        T E R       > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #ter->tede
                        V E R       > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #ver->vede
                        V I R       > -R,DE # "P=2,N=p,T=i"   #vir->vide
                          
        2) Abre-se o ficheiro galician.word e fan-se os seguintes trocos
           cabei->cabede, dai->dade, estai->estade, habei->habede, podei->podede,
           querei->querede, sabei->sabede, traei->traede.

            


----------

Comentários, novas palabras importantes, e erros poden enviar-se a
Ramón Flores <fa2ramon@usc.es>

Generated by dwww version 1.16 on Sat Oct 3 04:07:15 CEST 2026.