dwww Home | Show directory contents | Find package

Este dicionário segue a normativa de mínimos ortográficos, baseando-se nas
seguintes duas fontes:

   · NOVA GRAMÁTICA para a aprendizaxe da língua de Xoán Xosé Costa Casas, 
     Mª dos Anxos González Refoxo, César Carlos Morán Fraga e Xoán Carlos
        Rábade Castiñeira, editada por Vía Láctea en 1988.
        
   · DICIONÁRIO DA LÍNGUA GALEGA de Isaac Alonso Estravís, editado por
     Sotelo Blanco en 1995.


Pode-se achar información en liña sobre esta normativa no site de "La 
questione de la lingua":
        http://www.multimania.com/questione/documentos/documentos.html
        
e no site da CIG        
        http://www.galizacig.com/ficheiros/html/normaliza/normaliza.htm
        
A normativa de mínimos ten un espírito conciliador, e admite distintas 
variantes para unha mesma palabra. Con todo a NOVA GRAMÁTICA da como 
preferentes algunhas delas, asi na apresentación di:

        En certas terminacións e ditongos admiten-se como plenamente válidas
        as duas variantes por seren amabas lexítimas, estimadas, como  
        preferentes por parte da APLL (Asociación de Profesores de Língua e
        Literatura) aquelas que indicamos en primeiro lugar:
        
                -eo   / -eio  (freo/freio, creo/creio, etc.)
                -ea   / -eia  (frea/freia, idea/ideia, etc.)
                -an   / -ao   (chan/chao, irmán/irmao, etc.)
                -e    / -en   (marxe/marxen, viaxe/viaxen, etc.)
                -oa   / -o    (avoa/avó, moa/mó, etc.; máis só)
                oi(t) / ui(t) (loita/luita, moito/muito, roibo/ruibo[1], etc)

        O mesmo poderíamos dicer de formas xa gramaticais como ti/tu e
        imos/vamos.
        
        A respeito de outros casos como as terminacións -zón/-ción 
        (nazón/nación), -són/-sión (concisón/concisión), -tón/-tión
        (dixestón/dixestión) e -xón/-xión (reflexón/reflexión), consideran-se
        noutro plano diferente aos anteriores, por se tratar agora de escoller
        entre as formas lexítimas pero social e institucionalmente menos
        implantadas (-zón, -són, -tón, -xón), e formas propriamente
        castellanizadas ainda que social e institucionalmente máis empregadas
        (-ción, -sión, -tión, -xión). Aqui adopta-se como critério o das
        Normas de 80 aludidas[2]: "recomenda-se a potenciación das formas
        primeiras [as lexitimas], coas limitacións ou ritmo que aconselle o
        proceso gradual do ensino e da sensibilidade social".
        
        Seguindo estas pautas, decidimo-nos a utilizar as terminacións xenuínas
        en certas palabras que apresentan unha particular evolución fonética
        que as afasta da estrutura latina e as aproxima da sua forma romance
        histórica: eleizón, entoazón, lizón, perfeizón, -uizón (constituizón,
        contribuizón, distribuizón, etc.) xerazón, etc.; confisón, procisón,
        profisón. Vexa-se sobre todo isto, o Apéndice 2 do libro, no primeiro
        apartado das terminacións.[3]
                
        [1] Nós seguindo o dicionário antes citado damos por válida: roivo.
        [2] Fai alusión as "Normas ortográficas do idioma galego", normas 
            ortográficas aprobadas pola consellaria de cultura da xunta 
            preautonómica en 1980. Poden-se consultar en:
            http://www.multimania.com/questione/documentos/normas_xunta_preautonomica.html
        [3] Este apéndice pode-se achar tamén no site de "La questione de la
            lingua":
            http://www.multimania.com/questione/documentos/cuadro_comparativo.html
        
        
A flexibilidade da normativa de mínimos non lle acai ben a un corrector
ortográfico, e asi non parece coerente que nun mesmo texto o corrector dé 
por válidas duas, ou mesmo tres, variantes distintas da mesma palabra,
por ex. idea e ideia. Por iso nós no noso dicionário só damos por válida 
unha das posíbeis variantes, seguindo os seguintes critérios:

        1) Nas terminacións antes citadas seguimos o critério da APLL, i.e.
           -eo, -ea, -an, -e, -oa, oi(t)
        2) Tamén para as terminacións -zón/-ción, -són/-sión, -tón/-tión  e 
           -xón/-xión, pretendemos seguir o critério da APLL. Mais dado que 
           resulta un tanto ambigüo, o critério real que seguimos foi dar por
           válida a primeira forma que inclui o DICIONÁRIO DA LÍNGUA GALEGA,
           cando inclui duas, e a forma única cando só inclui unha. Pois
           cuidamos que os critérios da APLL e do dito dicionário coinciden
           basicamente, dos exemplos citados anteriormente só dous diferen.
           Seguindo o DICIONÁRIO demos como válidas as formas procisión e
           profisión.
        3) No caso dos comezos de palabra ca-/cua- e ga-/gua-, seguindo o
           critério implícito no DICIONÁRIO DA LÍNGUA GALEGA demos por 
           válidas as formas en -ca, -gua.
        4) A hora de conxugar os verbos, e cando a NOVA GRAMÁTICA considera
           válidas duas formas, escollemos a que escreben en primeiro lugar,
           ex. copio=cópio -> copio, agás no caso da 2ª persoa do plural do
           presente de imperativo, onde escollemos a segunda fora, ex.
           xogade=xogai -> xogai
        5) Caso de xurdir unha ambigüidade non contemplada nos pontos
           anteriores escollemos a forma recomendada polo DICIONÁRIO DA LÍNGUA
           GALEGA
           

Se ben neste dicionário privilexian-se certas formas, @ usuári@ pode
modificá-lo para que se axeite aos seus gostos, tal e como se descrebe no
ficheiro leme.txt.         

Generated by dwww version 1.16 on Sat Oct 3 04:07:09 CEST 2026.